A comprensión das desigualdades socioeconómicas require profundar na relación entre a distribución funcional e persoal da renda. O seminario “A desigualdade na composición da renda máis aló da división capital-traballo” pretende introducir un novo enfoque metodolóxico e a súa aplicación na análise da situación en España durante o período 2007-2021. Estará impartido por José Manuel Amoedo Meijide, do Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Santiago (USC).
Terá lugar o vindeiro xoves 30, ás 17:00h no Seminario de Fundamentos, 1º andar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Haberá posibilidade de conectarse por Teams.

