Seminario: «Contrucción de la Hoja de Balance de Alimentos para Colombia»

O proxecto «Contrucción de la Hoja de Balance de Alimentos para Colombia: un enfoque hacia la seguridad alimentaria (2013-2023)», presentado desde o grupo de investigación Economía Social e Desenvolvemento Empresarial da Universidade Santo Tomás, Bucaramanga, ten como obxectivo construír a Folla de Balance de Alimentos (HBA) para Colombia correspondente ao período 2013-2023.  

Baseada na metodoloxía da FAO, a HBA integra datos de produción, comercio e consumo de alimentos, e permite estimar a prevalencia de subalimentación, así como describir a dinámica do sistema agroalimentario nacional. Este proxecto propón actualizar a HBA para cada ano do período mencionado, proporcionando unha ferramenta valiosa para institucións e gremios na toma de decisións e deseño de políticas que promovan a seguridade alimentaria.

A estrutura da HBA baséase nunha matriz que equilibra a subministración e a utilización de alimentos, e utilízanse coeficientes específicos para calcular tanto a dispoñibilidade como o valor nutricional dos alimentos, contribuíndo a unha análise máis profunda da situación alimentaria en Colombia. Os resultados serán fundamental para fortalecer a capacidade de análise e a formulación de políticas que aseguren o acceso a alimentos suficientes e nutritivos para a poboación. 

O seminario será conducido polos docentes investigadores Leonardo Caraballo, Yoana Bermúdez González e Diana Astrid Buitrago.

Se non podes asistir de maneira presencial e queres participar por Teams, podes solicitar os datos de acceso á reunión ao correo idega@usc.gal.

Scroll al inicio