Seminario «Asimetrías socioeconómicas y territoriales entre el Cerrado y la Amazonia: Modelado estadístico y escenarios de transformación»

O xoves, 22 de xaneiro, ás 12:00h na Sala de Reunións do IDEGA, Giovanni de Araujo Boggione impartirá a conferencia «Asimetrías socioeconómicas y territoriales entre el Cerrado y la Amazonia: Modelado estadístico y escenarios de transformación».

Giovanni de Araujo é licenciado en Ciencias Informáticas e Doutor en Teledetección. Actualmente é profesor do Instituto Federal de Educação, Ciência e Tecnologia de Goiás (Brasil) e investigador visitante no IDEGA desde xullo de 2025. Ten experiencia na área de Ciencias da Computación, con énfase en Procesamento Dixital de Imaxes.

O seminario está organizado polo grupo de Análise Territorial (ANTE) e será presentado polo director do IDEGA, Rubén Lois.

Scroll al inicio