Presentación do libro «As políticas rexionais de innovación empresarial en Galicia»

O profesor do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o investigador vinculado ao IDEGA Diego Sande, presenta o seu ensaio As políticas rexionais de innovación empresarial en Galicia. Será o vindeiro mércores 4 de febreiro ás 19.30 h na Libraría Couceiro, e estará acompañado da directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o director do IDEGA, Rubén C. Lois.

Sobre a obra

A publicación de As políticas rexionais de innovación empresarial en Galicia supuxo un desafío para tratar de explicar os desaxustes das políticas europeas de innovación e tecnoloxía que se veñen producindo no Sistema Galego de Innovación. Expoñer e explicar as principais problemáticas destas políticas producidas a nivel macroeconómico (na planificación, deseño e coordinación das políticas) e a nivel mesoeconómico (na súa aplicación a nivel rexional) non é un traballo sinxelo.

Mais tampouco o é enfocar esta avaliación no acontecido desde o nivel mesoeconómico ao microeconómico na procura dunha visión do impacto das políticas europeas de innovación en Galiza. Con esa idea de fondo, e cun pretendido enfoque sistémico, arranca o presente traballo, no que se analizan os resultados no tecido empresarial galego das políticas tecnolóxicas e de innovación rexional financiadas con recursos europeos. Ademais, este traballo foi efectuado dentro do marco da Gran Recesión, o que supuxo un reto que non estivo exento de dificultades adicionais.

Podes adquirir o libro aquí.

Scroll al inicio