Convocatoria Jesus García Calvo en Investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperativismo. Ano 2018

Na reunión que tivo lugar o 26 de marzo de 2018, o xurado do V Premio “Jesús García Calvo” de Investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperativismo, acordou conceder o premio o anteproxecto:

Orixe e consolidación da especialización láctea en Galicia. Unha análise de cara o presente e o futuro rural galego (1920-2017).
Autor: Telmo Otero Rodríguez.

Na V Edición de 2018 convócase de maneira aberta sobre un tema de investigación previamente elexido, convidando a investigadores e estudiosos do medio rural galego a presentar un anteproxecto para o desenvolvemento dun traballo de investigación referido a ese tema.
O obxectivo é premiar un traballo de investigación que contribúa ao mellor coñecemento e ao desenvolvemento do medio rural e o cooperativismo en Galicia, co obxectivo último de mellorar as actividades económicas e a calidade de vida da poboación rural.

 

BASES

O Premio Jesús García Calvo é un referente na investigación do cooperativismo e da economía rural en Galicia. Instaurado na memoria do que foi presidente fundador de Feiraco, durante as catro edicións celebradas ata o de agora ten premiado publicacións e artigos científicos, teses de doutoramento, traballos de fin de máster e de grao que destacaron polas súas aportacións para a investigación histórica, xeográfica, económica, sociolóxica e antropolóxica e para o desenvolvemento do medio rural galego.

 

Entidades convocantes

  • Cooperativas Lácteas Unidas CLUN
  • Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC.

 

TEMA DE INVESTIGACiÓN

O cooperativismo agrogandeiro en Galicia. Mirando ao futuro.
Cun enfoque prospectivo trátase de impulsar a investigación do proceso de desenvolvemento do cooperativismo e da produción de leite e a súa contribución á economía social en Galicia, as súas relacións coa nova economía rural diversificada, a súa capacidade de xeración de riqueza e o seu impacto territorial.
Son de interés a análise dos procesos de fixación da poboación rural ao territorio, a innovación tecnolóxica, as alternativas no ámbito da produción, comercialización e distribución dos produtos lácteos, a análise prospectiva de novos mercados, a protección do medio rural e as oportunidades das enerxías sostibles.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Un documento, en arquivo pdf, co anteproxecto da investigación que se pretende levar a cabo, que deberá contemplar un título, unha xustificación do interés, uns obxectivos, un índice detallado da investigación, unha metodoloxía e unhas referencias bibliográficas.
Un Currículo Vitae breve da persoa ou persoas que presentan o anteproxecto, tamén nun arquivo pdf.

 

Presentación de candidaturas

As candidaturas poderán ser individuais ou en equipo e serán presentadas antes do 28 de febreiro de 2018 na Secretaría do IDEGA en horario de 9 a 14 horas, ou ben enviadas por correo a: IDEGA – Avda. das Ciencias, Chalet nº 1 Campus Vida – 15782 Santiago de Compostela.

 

O Xurado

O Xurado determinará sobre o anteproxecto elexido antes do 31 de marzo de 2018. O traballo gañador desenvolverase dacordo ao anteproxecto presentado e deberá ser entregado na mesma dirección do IDEGA antes do 30 de setembro de 2018.

O Xurado estará composto polos seguintes membros:

  • O Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, que o presidirá.
  • O Presidente da Fundación Feiraco.
  • Un Conselleiro de CLUN.
  • Un membro do Consello Científico do IDEGA, designado por este.
  • O Director do IDEGA, que actuará de secretario.
  • Tres expertos de recoñecido prestixio no campo do desenvolvemento rural e o cooperativismo en Galicia, designados de común acordo entre o IDEGA e as Cooperativas Lácteas Unidas CLUN.

 

Resolución do Premio

O Xurado concederá o premio a unha das candidaturas, podendo ser declarado deserto se a maioría considera que ningunha das candidaturas reúne o nivel necesario.
Cada membro do xurado seleccionará unha contribución. Entre as elixidas efectuaranse sucesivas roldas de votación, eliminando en cada unha delas aquela que teña menor número de votos. Na votación final entre as dúas contribucións finalistas determinarase a premiada por maioría simple.
A decisión será inapelable.

 

Dotación

5000 euros.

O 50% coa entrega dun informe parcial o 29 de xuño de 2018 na Secretaría do Idega e o restante 50% coa entrega do informe final de resultados.
O Xurado poderá contemplar a proposta para a publicación dos resultados en función da súa calidade e interés académico.

Scroll al inicio