Seminario: «Using a Structural Equation Model to explain constraints for rural liveability in extractivist contexts»

O vindeiro xoves celebrarase un novo seminario DRIE que leva por título Futures that tarnish the present. Using a Structural Equation Model to explain constraints for rural liveability in extractivist contexts. Será conducido polos investigadores Helena Martínez-Cabrera, Miguel López Caínzos e Gonzalo Rodríguez Rodríguez.

Nesta presentación abordarase como os modelos de desenvolvemento baseados no extractivismo condicionan a capacidade das comunidades rurais para definir e perseguir os seus propios obxectivos de benestar. A análise céntrase nos mecanismos polos que a especialización económica pode limitar a habitabilidade dos territorios, xerando dinámicas de despoboamento, debilitamento das institucións sociais e percepcións de incerteza respecto do futuro.

As persoas autoras empregan un Modelo de Ecuacións Estruturais Multinivel (MSEM) para examinar a relación entre axencia, modos de vida locais e capacidade dos territorios para sosteren estilos de vida no tempo. O estudo baséase en datos de enquisa representativos das áreas rurais galegas, unha rexión cada vez máis especializada na extracción de madeira de especies de crecemento rápido. Os resultados permiten validar a habitabilidade como un concepto que integra tanto a satisfacción das necesidades presentes como as expectativas de futuro, e mostran que as áreas con maior especialización en madeira ofrecen menos oportunidades de benestar.

Scroll al inicio