PREMIOS

Convocatoria Premio de Investigación en Economía de Galicia "Valentín Paz Andrade". Ano 2023

TRABALLO PREMIADO

 Modalidade 1. Traballos publicados en revistas científicas ou editoriais recoñecidas

  • Os efectos iniciais da Covid-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade, José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira

Modalidade 2. Teses de doutoramento

Deserto

 

CONVOCATORIA

O Premio “Valentín Paz Andrade”de Investigación en economía de Galicia é convocado conxuntamente con carácter anual polo Consello Económico e Social de Galicia e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC.

Neste ano convócase a décima edición e o prazo para presentar as candidaturas ao premio e do 15 de setembro ata o 30 de outubro de 2023.

 

OBXECTO

Premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.

 

REQUISITOS

O Premio ten dúas modalidades:

  1. Traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, entre o 15 de outubro de 2022 e o 14 de outubro de 2023.
  2. Teses de doutoramento, presentadas en calquera universidade entre o 15 de outubro de 2022 e o 14 de outubro de 2023.

Os textos poderán estar redactados en galego, castelán, inglés e portugués.

 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Entre o 15 de setembro e o 30 de outubro de 2023, calquera autor pode facer chegar á secretaría do IDEGA en horario de 9 a 14 horas, ou ben enviala por correo postal a: IDEGA – Avda. das Ciencias, Chalet nº1 Campus Vida 15782 Santiago de Compostela, a súa proposta de candidatura ao premio, con indicación de autoría, título e información de edición, engadindo unha copia en papel e indicación dun mecanismo de acceso electrónico ao recurso (ou copia en soporte USB).

 

COMPOSICIÓN DO XURADO

O Xurado estará composto polos seguintes membros:

  • O REiTOR DA USC, que o presidirá
  • O PRESIDENTE DO CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA
  • A DIRECTORA DO IDEGA, que actuará de secretaria
  • UN MEMBRO DO CONSELLO CIENTÍFICO DO IDEGA, designado por este
  • UN MEMBRO DO CONSELLO ECONÓMICO-SOCIAL, designado por este
  • TRES PERSOAS DE TRAXECTORIA RECOÑOCIDA NA INVESTIGACIÓN EN CIENCIAS SOCIAIS EN GALICIA, designadas de común acordo entre o IDEGA e o CES.

 

CRITERIOS

A resolución do Xurado, que deberá ser adoptada por maioría dos seus membros, terá en conta os seguintes criterios:

  • Relevancia da contribución para o progreso do coñecemento da realidade socioeconómica de Galicia.
  • Relevancia para a mellor asignación dos recursos, o impulso ao crecemento ou ao emprego e á consecución de cotas máis altas de equidade.

Despois das oportunas deliberacións, cada membro do Xurado elixirá unha contribución de entre as presentadas. Procederase de seguido á votación entre as mesmas, sendo eliminada en cada rolda aquela ou aquelas que teñan menos apoios. Na rolda final efectuarase unha votación entre as dúas contribucións finalistas.

O Xurado emitirá unha resolución razoada do seu fallo.

O fallo farase público antes do 12 de decembro de 2023.

 

DOTACIÓN

  • Modalidade 1: 2.000€
  • Modalidade 2: 1.000€

Traballos Premiados en Edicións Anteriores

IX Premio de Investigación IDEGA-CES «Valentín Paz Andrade». Ano 2022

Modalidade 1. Traballos publicados en revistas científicas ou editoriais recoñecidas

  • Renewable energy taxes and environmental impacts: A critical reflection from the wind tax in Spain, Rosa Maria Regueiro Ferrreira, María Cadaval Sampedro

Accésit

  • Community forest and mushrooms: collective action initiatives in rural areas of Galicia, Damián Copena, David Perez-Neira, Alfredo Macías Vazquez, Xavier Simón

Modalidade 2. Teses de doutoramento

  • Unha análise socioeconómica da vulnerabilidade en Galicia: O camiño dende a escola até a inserción laboral, Bruno Blanco Varela

 

VIII Premio de Investigación IDEGA-CES «Valentín Paz Andrade». Ano 2021

Modalidade 1. Traballos publicados en revistas científicas ou editoriais recoñecidas

  • El impacto del Camino de Santiago a escala local: la percepción de los residentes de dos municipios gallegos, Melchor Fernández Fernández, Diana Fernández Méndez, Dolores Riveiro García

 Modalidade 2. Teses de doutoramento

  • Análisis de la eficiencia de los centros especiales de empleo en Galicia: visión económico-financiera y social, Juan Torrelles Manent 

 

VII Premio de Investigación IDEGA-CES «Valentín Paz Andrade». Ano 2020

Modalidade 1. Traballos publicados en revistas científicas ou editoriais recoñecidas

  • Unequal raw material exchange between and within countries: Galicia (NW Spain) as a core-periphery economy, Pablo Piñeiro Mira, David Pérez Neira, Juan Infante Amate, Maria Luisa Chas Amil, Xoán Ramón Doldán García
  • O sector agrario e agroalimentario en Galicia; balance das transformacións desde a integración europea, 1986-2016Edelmiro López Iglesias

 Modalidade 2. Teses de doutoramento

  • A moto-mecanización da agricultura en Galiza (1939-2000): Políticas de innovación, mercados e comunidades labregas, Bruno Esperante Paramos

 

VI Premio de Investigación IDEGA-CES «Valentín Paz Andrade». Ano 2019

Modalidade 1. Traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas

  • Wind farms and payments to landowners: Opportunities for rural development for the case of Galicia publicado por Damián Copena e Xavier Simón.

Modalidade 2. Teses de doutoramento

  • Historia de Unión Fenosa no marco do sector eléctrico, 1982-2008. Evolución empresarial, financeira e impacto do marco regulador de Adrián Dios Vicente

 

V Premio de Investigación IDEGA-CES «Valentín Paz Andrade». Ano 2018

Modalidade 1. Traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas

  • Length of stay: evidence from Santiago de Compostela, publicado por Xosé Antón Rodríguez, Fidel Martínez Roget e Pilar González Murias

Modalidade 2. Teses de doutoramento

  • Circulación monetaria y crédito en Galicia al final del Antiguo Régimen, de Francisco Cebreiro Ares

 

IV Premio de Investigación IDEGA-CES «Valentín Paz Andrade». Ano 2017

Modalidade 1. Traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais

  • Obesity: A major problem for Spanish minors. Autores: Manel Antelo, Pilar Magdalena, Juan Carlos Reboredo

Modalidade 2. Teses de doutoramento

  • Pobreza: conceptos, enfoques y métodos de análisis. Tres ensayos de medición aplicada: España y Eurorregión Galicia-Norte de Portugal. Autor: Ferrnando Corbelle Cacabelos
  • Envejecimiento y protección social de la dependencia en España: efectos sobre el empleo. Autora: Diana Fernández Méndez

 

III Premio de Investigación IDEGA-CES “Valentín Paz Andrade”. Ano 2016

  • La gestión del riesgo y el seguro en la empresa gallega, publicado pola Editorial Fundación Inade (2015), e da que é director Luis A. Otero González e son autores Pablo Durán Santomil, Rubén Lado Sestayo, Milagros Vivel Búa e Luis Ignacio Rodríguez Gil

 

II Premio de Investigación IDEGA-CES “Valentín Paz Andrade”. Ano 2015

  • Tourism and income distribution: Evidence from a developed regional economy, publicado en Tourism Management, 48 (2015), e do que son autores André Carrascal Incera e Melchor Fernández Fernández

 

I Premio de Investigación IDEGA-CES “Valentín Paz Andrade”. Ano 2014

  • Estudio de la causalidad de los incendios forestales en Galicia, publicado na revista Economía Agraria y Recursos Naturales, vol. 12, número 1, 2012, e do que son autores Jesús Barreal, María L. Loureiro e Juan Picos

Convocatoria Jesus García Calvo en Investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperativismo. Ano 2018

Na reunión que tivo lugar o 26 de marzo de 2018, o xurado do V Premio “Jesús García Calvo” de Investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperativismo, acordou conceder o premio o anteproxecto:

Orixe e consolidación da especialización láctea en Galicia. Unha análise de cara o presente e o futuro rural galego (1920-2017).
Autor: Telmo Otero Rodríguez.

Na V Edición de 2018 convócase de maneira aberta sobre un tema de investigación previamente elexido, convidando a investigadores e estudiosos do medio rural galego a presentar un anteproxecto para o desenvolvemento dun traballo de investigación referido a ese tema.
O obxectivo é premiar un traballo de investigación que contribúa ao mellor coñecemento e ao desenvolvemento do medio rural e o cooperativismo en Galicia, co obxectivo último de mellorar as actividades económicas e a calidade de vida da poboación rural.

 

BASES

O Premio Jesús García Calvo é un referente na investigación do cooperativismo e da economía rural en Galicia. Instaurado na memoria do que foi presidente fundador de Feiraco, durante as catro edicións celebradas ata o de agora ten premiado publicacións e artigos científicos, teses de doutoramento, traballos de fin de máster e de grao que destacaron polas súas aportacións para a investigación histórica, xeográfica, económica, sociolóxica e antropolóxica e para o desenvolvemento do medio rural galego.

 

Entidades convocantes

  • Cooperativas Lácteas Unidas CLUN
  • Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC.

 

TEMA DE INVESTIGACiÓN

O cooperativismo agrogandeiro en Galicia. Mirando ao futuro.
Cun enfoque prospectivo trátase de impulsar a investigación do proceso de desenvolvemento do cooperativismo e da produción de leite e a súa contribución á economía social en Galicia, as súas relacións coa nova economía rural diversificada, a súa capacidade de xeración de riqueza e o seu impacto territorial.
Son de interés a análise dos procesos de fixación da poboación rural ao territorio, a innovación tecnolóxica, as alternativas no ámbito da produción, comercialización e distribución dos produtos lácteos, a análise prospectiva de novos mercados, a protección do medio rural e as oportunidades das enerxías sostibles.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Un documento, en arquivo pdf, co anteproxecto da investigación que se pretende levar a cabo, que deberá contemplar un título, unha xustificación do interés, uns obxectivos, un índice detallado da investigación, unha metodoloxía e unhas referencias bibliográficas.
Un Currículo Vitae breve da persoa ou persoas que presentan o anteproxecto, tamén nun arquivo pdf.

 

Presentación de candidaturas

As candidaturas poderán ser individuais ou en equipo e serán presentadas antes do 28 de febreiro de 2018 na Secretaría do IDEGA en horario de 9 a 14 horas, ou ben enviadas por correo a: IDEGA – Avda. das Ciencias, Chalet nº 1 Campus Vida – 15782 Santiago de Compostela.

 

O Xurado

O Xurado determinará sobre o anteproxecto elexido antes do 31 de marzo de 2018. O traballo gañador desenvolverase dacordo ao anteproxecto presentado e deberá ser entregado na mesma dirección do IDEGA antes do 30 de setembro de 2018.

O Xurado estará composto polos seguintes membros:

  • O Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, que o presidirá.
  • O Presidente da Fundación Feiraco.
  • Un Conselleiro de CLUN.
  • Un membro do Consello Científico do IDEGA, designado por este.
  • O Director do IDEGA, que actuará de secretario.
  • Tres expertos de recoñecido prestixio no campo do desenvolvemento rural e o cooperativismo en Galicia, designados de común acordo entre o IDEGA e as Cooperativas Lácteas Unidas CLUN.

 

Resolución do Premio

O Xurado concederá o premio a unha das candidaturas, podendo ser declarado deserto se a maioría considera que ningunha das candidaturas reúne o nivel necesario.
Cada membro do xurado seleccionará unha contribución. Entre as elixidas efectuaranse sucesivas roldas de votación, eliminando en cada unha delas aquela que teña menor número de votos. Na votación final entre as dúas contribucións finalistas determinarase a premiada por maioría simple.
A decisión será inapelable.

 

Dotación

5000 euros.

O 50% coa entrega dun informe parcial o 29 de xuño de 2018 na Secretaría do Idega e o restante 50% coa entrega do informe final de resultados.
O Xurado poderá contemplar a proposta para a publicación dos resultados en función da súa calidade e interés académico.

Traballos premiados en edicións anteriores

V PREMIO DE INVESTIGACIÓN IDEGA-FEIRACO “JESÚS GARCIA CALVO”. ANO 2018

Proxecto: Orixe e consolidación da especialización láctea en Galicia. Unha análise de cara o presente e o futuro rural galego (1920-2017).
Autor: Telmo Otero Rodríguez.

 

IV PREMIO DE INVESTIGACIÓN IDEGA-FEIRACO “JESÚS GARCIA CALVO”. ANO 2017

Modalidade A. Publicacións resultado de investigación
Este premio quedou deserto

Modalidade B.1. Teses de Doutoramento
“Mercantilização turística da agricultura. Uma leitura das recomposições dos espaços rurais galegos” . Autora: Xiana Rodil Fernández

Modalidade B.2. Traballos de Fin de Grado e de Fin de Mestrado
“A forza da unión gandeira. Cooperativismo e sociedades agrarias de transformación en Mazaricos”. Autor: Rubén Rey París.

 

III PREMIO DE INVESTIGACIÓN IDEGA-FEIRACO “JESÚS GARCIA CALVO”. ANO 2016

Modalidade A. Publicacións resultado de investigación

“Transboundary protected areas as ideal tools? Analyzing the Gerês-Xurés transboundary biosphere reserve”, publicado na revista Land Use Policy (2016) do que son autores Juan Manuel Trillo Santamaría e Valerià Paül Carril.

Modalidade B.1. Teses de Doutoramento

“Enerxía eólica e medio rural: unha análise aplicada dos impactos socioeconómicos dos parques eólicos no mundo rural galego”. Autor: Damián Copena Rodríguez

Modalidade B.2. Traballos de Fin de Grado e de Fin de Mestrado

“O sector lácteo en Galicia: dinámica recente e perspectivas nun mercado liberalizado”. Autor: Diego Gómez Méndez.

 

II PREMIO INVESTIGACIÓN IDEGA-FEIRACO “JESÚS GARCIA CALVO”. ANO 2015

Modalidade A. Publicacións resultado de investigación

“Renovación na veterinaria e gandería galega contemporánea”, publicado por Edicións Xerais de Galicia e do que é autor Diego Conde Gómez.

Modalidade B.1. Teses de Doutoramento

“Análisis y tipificación de explotaciones de bovino de carne en Galicia mediante un método de control basado en lógica difusa”. Autor: Álvaro García Corral.

Modalidade B.2. Traballos de Fin de Grado e de Fin de Mestrado
“Programas agroambientales e impacto territorial en la provincia de Lugo-Galicia”. Autor: Diego Fernando Avendaño Cantor.

 

I PREMIO DE INVESTIGACIÓN IDEGA-FEIRACO “JESÚS GARCIA CALVO”. ANO 2014

Modalidade A. Publicacións resultado de investigación

«Conflictividad social en el medio rural gallego (1939-1975): El caso de los montes vecinales en mano común». Autora: Araceli Freire Cedeira

Modalidade B. Teses de Doutoramento, Traballos Fin de Máster e Traballo Fin de Grado

«Os modelos de aplicación do Programa Leader 2007-2013 no Estado Español». Autora: Francisca Gago Guillán

No posts found.
Scroll al inicio