O vindeiro mércores 10 de decembro, os investigadores do IDEGA e membros do grupo ANTE Rubén C. Lois e David Santomil presentarán o libro Cidades e comunidades sostibles do noroeste ibérico. Estratexias e desafíos da axenda urbana dende o concello de Ames. Farano xunto a Victoria Otero, matemática da USC; José Daniel Viaño, autor dun capítulo do libro e residente en Ames; e o alcalde do municipio, Blas García.
O libro ofrece unha análise exhaustiva e multidisciplinar dos principais desafíos e oportunidades que afrontan as cidades desde unha perspectiva académica e cunha orientación cara a ordenación do territorio. Os autores presentan Ames como estudo de caso e centra o debate nesta publicación sobre as dinámicas demográficas e territoriais en Galicia e o Norte de Portugal.
A presentación terá lugar no Pazo da Peregrina (Bertamiráns) ás 20.00 horas.

