Seminario «Student Financial Aid and Residential Mobility: Evidence from BAföG Eligibility»

O seminario DRIE do vindeiro xoves 18 de decembro versará sobre a prestación BAföG, o maior programa de axuda estudantil de Alemaña, e a súa relación co abandono do fogar familiar ou a permanencia no mesmo.

O investigador Leonardo Puehler contaranos como as decisións de cursar formacións superiores se viron afectadas polo aumento dos custes de estudo. A través dos microdatos de Mikrozensus, examinarase a reforma BAföG de 1982/83 que transformou a prestación nun préstamo completo, reemprazando o sistema anterior moito máis xeneroso.

Se non podes asistir de maneira presencial e queres participar por Teams, podes solicitar os datos de acceso á reunión ao correo idega@usc.gal.

Scroll al inicio