O IDEGA participa nas Conferencias de Primavera do Centro Científico e Cultural de Macau
A décimo quinta edición celebrouse os días 25 e 26 de marzo en Lisboa

Os codirectores do Diploma de Especialista de Economía e Política China, o profesor Diego Sande Veiga e o director do IDEGA, Rubén C. Lois González, participaron na décimo quinta edición das Conferencias de Primavera do Centro Científico e Cultural de Macau (CCCM), que se celebraron os días 25 e 26 de marzo en Lisboa.

O profesor Sande Veiga presentou o traballo titulado ‘China e España, un futuro compartido na innovación: As relacións e acordos de intercambio tecnolóxico’. Sande e Lois expuxeron asemade a situación dos estudos asiáticos en Galicia e a oferta do IDEGA e do Diploma de Especialista en Economía e Política China.

O profesor Diego Sande.

As conferencias estiveron marcadas pola participación e o ambiente internacional, e contaron coa presenza do embaixador da China en Portugal, o doutor Yang Yirui, e a Secretaria de Estado de Ciencia e Tecnoloxía, Elena Canhão

A actividade fomentou un frutífero intercambio científico e permitiu posicionar a oferta de estudos do IDEGA e o Diploma de Especialista en Economía e Política China no contexto europeo dos estudos asiáticos.

Scroll ao inicio