IV Congreso Internacional de Cooperación, Xeopolítica e Participación Cidadá

O vindeiro martes 9 de xuño ás 10.30 horas terá lugar no salón de plenos do concello de Moaña o acto de presentación do IV Congreso Internacional de Cooperación, Xeopolítica e Participacion Cidadá. Un evento impulsado pola Universidade de Vigo, en colaboración co IDEGA e o Concello de Moaña que ten como obxectivo reunir a académicos, líderes sociais, responsables políticos e membros da sociedade civil para dialogar sobre as conexións entre a cooperación internacional e a xeopolítica nun contexto participativo. A través de relatorios, mesas redondas e talleres, explora temas como o impacto dos proxectos internacionais, a xeopolítica e a participación cidadá. 

O congreso destaca pola participación conxunta de académicos, alumnos de educación secundaria e universitaria, políticos locais e europeos así como entidades sociais de diversa índole compartindo un mesmo espazo de reflexión e participación. Este ano, contará coa presenza da embaixadora de Bosnia, Andree Zaimovic. Ademais, o programa ofrece un seminario específico para o estudantado sobre as oportunidades laborais na Unión Europea.

Podes descargar aquí o programa completo.

A inscripción no congreso é gratuíta: Inscrición congreso

Scroll ao inicio