TRABALLO PREMIADO
Modalidade 1. Traballos publicados en revistas científicas ou editoriais recoñecidas
- Os efectos iniciais da Covid-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade, José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira
Modalidade 2. Teses de doutoramento
Deserto
CONVOCATORIA
O Premio “Valentín Paz Andrade”de Investigación en economía de Galicia é convocado conxuntamente con carácter anual polo Consello Económico e Social de Galicia e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC.
Neste ano convócase a décima edición e o prazo para presentar as candidaturas ao premio e do 15 de setembro ata o 30 de outubro de 2023.
OBXECTO
Premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.
REQUISITOS
O Premio ten dúas modalidades:
- Traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, entre o 15 de outubro de 2022 e o 14 de outubro de 2023.
- Teses de doutoramento, presentadas en calquera universidade entre o 15 de outubro de 2022 e o 14 de outubro de 2023.
Os textos poderán estar redactados en galego, castelán, inglés e portugués.
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
Entre o 15 de setembro e o 30 de outubro de 2023, calquera autor pode facer chegar á secretaría do IDEGA en horario de 9 a 14 horas, ou ben enviala por correo postal a: IDEGA – Avda. das Ciencias, Chalet nº1 Campus Vida 15782 Santiago de Compostela, a súa proposta de candidatura ao premio, con indicación de autoría, título e información de edición, engadindo unha copia en papel e indicación dun mecanismo de acceso electrónico ao recurso (ou copia en soporte USB).
COMPOSICIÓN DO XURADO
O Xurado estará composto polos seguintes membros:
- O REiTOR DA USC, que o presidirá
- O PRESIDENTE DO CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA
- A DIRECTORA DO IDEGA, que actuará de secretaria
- UN MEMBRO DO CONSELLO CIENTÍFICO DO IDEGA, designado por este
- UN MEMBRO DO CONSELLO ECONÓMICO-SOCIAL, designado por este
- TRES PERSOAS DE TRAXECTORIA RECOÑOCIDA NA INVESTIGACIÓN EN CIENCIAS SOCIAIS EN GALICIA, designadas de común acordo entre o IDEGA e o CES.
CRITERIOS
A resolución do Xurado, que deberá ser adoptada por maioría dos seus membros, terá en conta os seguintes criterios:
- Relevancia da contribución para o progreso do coñecemento da realidade socioeconómica de Galicia.
- Relevancia para a mellor asignación dos recursos, o impulso ao crecemento ou ao emprego e á consecución de cotas máis altas de equidade.
Despois das oportunas deliberacións, cada membro do Xurado elixirá unha contribución de entre as presentadas. Procederase de seguido á votación entre as mesmas, sendo eliminada en cada rolda aquela ou aquelas que teñan menos apoios. Na rolda final efectuarase unha votación entre as dúas contribucións finalistas.
O Xurado emitirá unha resolución razoada do seu fallo.
O fallo farase público antes do 12 de decembro de 2023.
DOTACIÓN
- Modalidade 1: 2.000€
- Modalidade 2: 1.000€