XI Premio de Investigación en Economía de Galicia «Valentín Paz Andrade». Ano 2024

Entidades convocantes

O Premio “Valentín Paz Andrade” de Investigación en economía de Galicia é convocado conxuntamente, con carácter anual, polo Consello Económico e Social de Galicia e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC.
Neste ano 2024 convócase a súa undécima edición.

Obxecto

Premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.

Requisitos

O Premio ten dúas modalidades:

  1. Traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, entre o 15 de outubro de 2023 e o 14 de outubro de 2024.
  2. Teses de doutoramento, presentadas en calquera universidade entre o 15 de outubro de 2023 e o 14 de outubro de 2024.
    Os textos poderán estar redactados en galego, castelán, inglés e portugués

Presentación de candidaturas

Entre o 27 de setembro e o 30 de outubro de 2024 , calquera autor pode facer chegar á secretaría do IDEGA en horario de 9 a 14 horas, ou ben enviadas por correo postal a: IDEGA-Avda. das Ciencias, nº 2 Campus Vida – 15782 Santiago de Compostela, a súa proposta de candidatura ao premio, con indicación de autoría, título e información de edición, engadindo unha copia en papel e indicación dun mecanismo de acceso electrónico ao recurso (ou copia en soporte USB).

Composición do xurado

O Xurado estará composto polos seguintes membros:

  • O REITOR DA USC, que o presidirá
  • O PRESIDENTE DO CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA
  • O DIRECTOR DO IDEGA, que actuará de secretario
  • UN MEMBRO DO CONSELLO CIENTÍFICO DO IDEGA, designado por este
  • UN MEMBRO DO CONSELLO ECONÓMICO-SOCIAL, designado por este
  • TRES PERSOAS DE TRAXECTORIA RECOÑOCIDA NA INVESTIGACIÓN EN CIENCIAS SOCIAIS EN GALICIA.

Criterios e método

A resolución do Xurado terá en conta os seguintes criterios:

  • Relevancia da contribución para o progreso do coñecemento da realidade socioeconómica de Galicia
  • Relevancia da contribución para a mellor asignación dos recursos, o impulso ao crecemento, ao emprego e á consecución de cotas máis altas de equidade
    Despois das oportunas deliberacións, cada membro do Xurado elixirá unha contribución de entre as presentadas. Procederase de seguido á votación entre as mesmas, sendo eliminada en cada rolda aquela ou aquelas que teñan menos apoios. Na rolda final efectuarase unha votación entre as dúas contribucións finalistas.

O Xurado emitirá unha resolución razoada do seu fallo.

O fallo farase público antes do 15 de decembro de 2024.

Dotación

  • Modalidade 1: 2.000€
  • Modalidade 2: 1.000€

Scroll al inicio