Presentación do libro ‘Sanfermines de 1978. Los victimarios’

O vindeiro 12 de novembro ás 12.00 h, a sala de reunións do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) acollerá a presentación do libro Sanfermines de 1978. Los victimarios (Txalaparta, 2025). O acto contará coa presenza do seu autor, Sabino Cuadra, abogado, sindicalista e político, e será conducido polo analista político da USC Manuel M. Barreiro.  

Sanfermines de 1978. Los victimarios aborda as cargas policiais na praza de touros de Iruñea (Pamplona) que provocaron decenas de feridos durante esta festividade e un xove morto, Germán Rodríguez. O 11 de xullo, outro mozo, Joseba Barandián, morreu en Donostia por disparos policiais nunha manifestación en solidariedade con Iruñea. A obra pretende esclarecer os responsables desta operación, expoñendo todo o entramado político, policial e xudicial que sostiveron a súa impunidade.

Scroll al inicio