O Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica (DRIE) organiza este xoves o seminario «The European Cohesion Funds Policy in the Regional Science Literature: A Systematic Review», impartido polo economista Paulo Lobo.
O artigo, elaborado polos investigadores Paulo Lobo e Roberto Bande, presenta unha revisión sistemática exhaustiva da literatura científica sobre a Política de Cohesión Europea e os Fondos Estruturais e de Investimentos Europeos (FEIE). A través da revisión de 857 traballos publicados ata 2024, a análise de clústeres temáticos e tendencias metodolóxicas, traza a avaliación do campo e pon de relevo a crecente complexidade e precisión da investigación empírica.
Os resultados amosan unha predominancia de estudos que sinalan efectos positivos, aunque heteroxéneos, dos FEIE —condicionados polos gobernos e os contactos rexionais—, mentres que outros evidencian resultados limitados ou ambiguos. A investigación evidencia o estado de coñecemento sobre a eficacia dos FEIE e ofrece un marco sistemático para futuras investigacións empíricas sobre a avaliación da política rexional europea.
Se non podes asistir de maneira presencial e queres participar por Teams, podes solicitar os datos de acceso á reunión ao correo idega@usc.gal.

