O seminario DRIE do vindeiro xoves 19 de febreiro leva por título «Turismo, emoción y ficción: propuestas de estudio frente a la metamorfosis del turismo cultural» e será impartido por Jordi Arcos, da Barcelona School of Tourism.

A idea de cultura situada no marco do fenómeno turístico está nunha continua expansión e reconfiguración. Mostra diso é que, nas últimas décadas, as fronteiras desta tipoloxía dilatáronse ata integrar expresións culturais como a ficción. Neste escenario, a emoción eríxese como unha categoría conceptual de gran relevancia para esta dinámica, operando en paralelo á irrupción de novas tecnoloxías que redefinen as formas de mediación entre turista e destino.
Neste seminario, exporase este estado da cuestión co fin de formular diversas aproximacións metodolóxicas multidisciplinares necesarias para abordar o estudo do estadio actual do turismo cultural.
Se non podes asistir de maneira presencial e queres participar por Teams, podes solicitar os datos de acceso á reunión ao correo idega@usc.gal.
