Entidades convocantes
O Premio “Valentín Paz Andrade” de Investigación en economía de Galicia é convocado conxuntamente, con carácter anual, polo Consello Económico e Social de Galicia e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC.
Neste ano 2024 convócase a súa undécima edición.
Obxecto
Premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.
Requisitos
O Premio ten dúas modalidades:
- Traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, entre o 15 de outubro de 2023 e o 14 de outubro de 2024.
- Teses de doutoramento, presentadas en calquera universidade entre o 15 de outubro de 2023 e o 14 de outubro de 2024.
Os textos poderán estar redactados en galego, castelán, inglés e portugués
Presentación de candidaturas
Entre o 27 de setembro e o 30 de outubro de 2024 , calquera autor pode facer chegar á secretaría do IDEGA en horario de 9 a 14 horas, ou ben enviadas por correo postal a: IDEGA-Avda. das Ciencias, nº 2 Campus Vida – 15782 Santiago de Compostela, a súa proposta de candidatura ao premio, con indicación de autoría, título e información de edición, engadindo unha copia en papel e indicación dun mecanismo de acceso electrónico ao recurso (ou copia en soporte USB).
Composición do xurado
O Xurado estará composto polos seguintes membros:
- O REITOR DA USC, que o presidirá
- O PRESIDENTE DO CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA
- O DIRECTOR DO IDEGA, que actuará de secretario
- UN MEMBRO DO CONSELLO CIENTÍFICO DO IDEGA, designado por este
- UN MEMBRO DO CONSELLO ECONÓMICO-SOCIAL, designado por este
- TRES PERSOAS DE TRAXECTORIA RECOÑOCIDA NA INVESTIGACIÓN EN CIENCIAS SOCIAIS EN GALICIA.
Criterios e método
A resolución do Xurado terá en conta os seguintes criterios:
- Relevancia da contribución para o progreso do coñecemento da realidade socioeconómica de Galicia
- Relevancia da contribución para a mellor asignación dos recursos, o impulso ao crecemento, ao emprego e á consecución de cotas máis altas de equidade
Despois das oportunas deliberacións, cada membro do Xurado elixirá unha contribución de entre as presentadas. Procederase de seguido á votación entre as mesmas, sendo eliminada en cada rolda aquela ou aquelas que teñan menos apoios. Na rolda final efectuarase unha votación entre as dúas contribucións finalistas.
O Xurado emitirá unha resolución razoada do seu fallo.
O fallo farase público antes do 15 de decembro de 2024.
Dotación
- Modalidade 1: 2.000€
- Modalidade 2: 1.000€