Tras tres anos de traballo, o proxecto Renatur_Outes coordinado dende a Universidade de Santiago chega á súa fin. Ao longo destes anos, a iniciativa impulsou, entre outros, a Declaración dos Dereitos do río Tins en colaboración coa Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Fundación CEER e Fundación Montescola.
O vindeiro 26 de febreiro terá lugar a presentación dos resultados da renaturalización do río Tins, onde se compartirán aprendizaxes e retos de futuro. Terá lugar na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da USC ás 17.00 horas.
Para acudir, será necesario inscribirse a través do mail comunicacion@fceer.org

