A Asociación Española de Profesores Universitarios de Matemáticas para a Economía e a Empresa (ASEPUMA) organiza anualmente as Xornadas ASEPUMA, un encontro que reúne a docentes e investigadores para intercambiar experiencias sobre a docencia e a investigación en matemáticas, estatística e métodos cuantitativos aplicados á economía e á empresa.
Esta trixésimo cuarta edición celebrase en Santiago de Compostela durante os días 18 e 19 de xuño no Centro de Estudos Avanzados e na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) participa dende o comité local presidido por Xesús Pereira López. ASEPUMA 2026 ofrecerá dende a capital galega un espazo para crear dinámicas para o debate e a innovación nas matemáticas dende unha perspectiva inclusiva e sostible.
Actualmente, está aberto o prazo para o envío de comunicacións. A data límite é o 13 de marzo. As xornadas acollerán comunicacións relacionadas con diferentes ámbitos dos métodos cuantitativos aplicados á economía e á empresa, incluíndo tanto traballos de investigación como experiencias docentes e innovación educativa.

Premios ASEPUMA 2026
A Asociación Española de Profesores Universitarios de Matemáticas para a Economía e a Empresa invita a todos os investigadores a concurrir cos seus traballos aos Premio Anales de ASEPUMA e Premio ASEPUMA no ámbito da docencia.
Dende o IDEGA, ánimase ao persoal investigador, profesorado e alumnado de doutoramento interesado nestas áreas a participar neste encontro e a presentar os seus traballos.
Máis información sobre as xornadas, así como as instrucións para o envío de comunicacións e a inscrición, na páxina web do congreso.



