
O seminario desta semana do Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica (DRIE) organizado polo grupo GAME leva por título ‘The Role of Informality in International Trade: Evidence from the EU-Mercosur Trade Agreement’. Será impartido no Seminario de Fundamentos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais polos investigadores da USC Andrés González Rodríguez, Fernando de la Torre Cuevas, Yolanda Pena Boquete e Jackiline B. Salazar Torres.
O seminario terá lugar este xoves 11 de maio ás 16.30 h.
Se non podes asistir de maneira presencial e queres participar por Teams, podes solicitar os datos de acceso á reunión ao correo idega@usc.gal.



