XXXIV Xornadas ASEPUMA

A Asociación Española de Profesores Universitarios de Matemáticas para a Economía e a Empresa (ASEPUMA) organiza anualmente as Xornadas ASEPUMA, un encontro que reúne a docentes e investigadores para intercambiar experiencias sobre a ensinanza e a investigación en matemáticas, estatística e métodos cuantitativos aplicados á economía e á empresa.

Esta trixésimo cuarta edición celebrase na Universidade de Santiago (USC) durante os días 18 e 19 de xuño no Centro de Estudos Avanzados e na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. A inauguración terá lugar ás 9.30 h no Salón de debates do Centro de Estudos Avanzados e correrá a cargo do vicerreitor de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade, Pablo Durán Santomil; a presidenta de ASEPUMA, Mar Arenas Parra; o director do IDEGA, Rubén C. Lois González e o presidente do comité organizador, Xesús Pereira López.

O obxectivo destas xornadas é a creación dun espazo na procura do debate e a innovación das matemáticas dende unha perspectiva inclusiva e sostible. A USC servirá como foro académico para propoñer respostas aos retos e desafíos actuais aos que se enfrontan as matemáticas.

Scroll ao inicio