O seminario desta semana do Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica (DRIE) organizado polo grupo GAME leva por título ‘The Effects of US Tariffs on Southern Europe: The Case of Spain’. Será impartido no Seminario de Fundamentos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais por Raimundo Viejo Rubio, profesor do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

O seminario terá lugar este xoves 18 de xuño ás 16.30 h.
Se non podes asistir de maneira presencial e queres participar por Teams, podes solicitar os datos de acceso á reunión ao correo idega@usc.gal.



