No marco do proxecto Desafíos Jovens GNP liderado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, e no que participa o IDEGA, desenvolverase a xornada de capacitación Traballar sen fronteiras: Chaves prácticas do mercado laboral transfronteirizo o vindeiro día 18 de novembro a partir das 9:30 horas no Centro de Estudos Avanzados (CEA). Nesta sesión participarán empresas, entidades e colectivos do mercado laboral transfronteirizo en Galicia e o Norte de Portugal para compartir as súas experiencias na construción dun mercado laboral diverso e accesible na Eurorrexión.
Prégase confirmar asistencia no enderezo e-mail idega@usc.gal




