O vindeiro luns 1 de xuño terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia o coloquio ‘Road Trip ao Imperio: Como se viaxaba pola Gallaecia antes de Google Maps?’.
A iniciativa está coordinada polo profesor Manuel Villanueva Acuña, do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Non Ibérico. Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN-AAT).
Terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia, na aula 7, ás 19.00 h. Na conversa participarán a investigadora da USC vinculada ao IDEGA Patricia Argüelles, e o investigador da Universidade de Cádiz (UCA) Pedro Trapero Fernández.




