As xornadas “Educación, Desigualdade, Dixitalización e Inmigración (EDDI)” celebraranse o vindeiro venres 4 de setembro de 9:30 a 13:00 horas na Aula 3 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
As xornadas reunirán a investigadoras e investigadores da USC, a Università degli Studi di Milano-Bicocca e a Università degli Studi di Bergamo para presentar traballos recentes sobre desigualdades educativas, dixitalización, saúde, mobilidade universitaria e migracións, finalizando cunha presentación dos avances do proxecto colaborativo “Fendas dixitais entre adolescentes con e sen orixe migratoria en España e Galicia: implicacións para o fracaso escolar” financiado polo IDEGA.
A asistencia é de balde, pero o aforo está limitado a 20 persoas, polo que é necesario inscribirse previamente empregando o código QR incluído no cartaz ou na seguinte ligazón: Xornadas “Educación, desigualdade, dixitalización e inmigración”
A data límite para inscribirse é o 25 de agosto.




