Presentación do informe ‘A Economía Galega’

O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) presentará o estudo ‘A Economía Galega. Informe 2025’ o xoves 30 de xullo ás 9.30 horas no Salón reitoral da USC.  A publicación, coordinada por Dolores Riveiro Melchor Fernández, analiza o mercado de traballo, o eido agrario, a pesca, a industria, a construción, os servizos e os sectores turístico, financeiro, público e exterior. Este novo documento dá continuidade a unha serie de informes que o IDEGA elabora de forma ininterrompida desde 1986.

O seu acto de presentación contará coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; os directores do informe, Dolores Riveiro e Melchor Fernández; e José Manuel López Marcos, director comercial de Caixa Rural Galega.

Scroll ao inicio