Seminario: ‘Transición enerxética e industrial: Galicia ante o novo contexto xeopolítico’

Galicia afronta unha etapa decisiva marcada polos profundos cambios que está a vivir Europa no ámbito enerxético, industrial e xeopolítico. A guerra en Ucraína, a crise enerxética, a competencia global, a transformación tecnolóxica e os novos obxectivos climáticos están redifinindo as prioridades económicas e estratéxicas. Neste contexto, territorios con capacidade industrial, recursos naturais e potencial enerxético como Galicia teñen por diante importantes retos, pero tamén novas oportunidades desenvolvemento.

O seminario ‘Transición enerxética e industrial. Galicia ante o novo contexto xeopolítico’ pretende dar resposta a estas preguntas, reunindo a académicos, axentes sociais, empresas e profesionais que analizarán cuestións clave como a descarbonización, o aproveitamento de recursos propios, a competitividade industrial e a necesidade de crear un modelo de crecemento sustentable.

Se non podes asistir de maneira presencial, podes conectarte por Teams.

Descarga aquí o programa completo.

Scroll ao inicio