Anindita Datta, vicepresidenta da Unión Xeográfica Internacional (IGU), e representante adxunta da IGU no Comité Permanente para a Igualdade de Xénero nas Ciencias (SCGES), impartirá este venres 3 de xullo a conferencia Mapping Agency, Feminist Counterspaces and Feminist Solidarities in the Emergent and Extraordinary. Terá lugar ás 12.30 h na Aula 2 Facultade de Xeografía e Historia e será presentada profesora do grupo ANTE María José Piñeira Mantiñán.
Datta é profesora e directora do Departamento de Xeografía da Escola de Economía de Delhi, na Universidade de Delhi. As súas liñas de investigación céntranse na xeografía feminista, nas tradicións conceptuais da xeografía e na xeografía social da India. Interésase especialmente polas cuestións relacionadas coa violencia de xénero e a violencia epistémica, os feminismos cotiáns e indíxenas do Sur Global, os espazos de resistencia e os espazos de coidado.




