O vindeiro 21 de setembro, ás 12.30 h, terá lugar a conferencia ‘Os efectos indirectos do nacemento dun neto na participación política dos avós’, impartida por Ignacio Lago Peñas. Será na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Lago é catedrático de Ciencia Política na Universitat Pompeu Fabra (Barcelona). Na actualidade, é presidente da área científica de Ciencias Sociais (CSO) da Axencia Estatal de Investigación. Durante a sesión presentará os resultados das súas investigacións e discutiranse deseños de metodoloxías alternativas que respondan ao debate actual sobre a inferencia causal.
A asistencia é gratuíta, previa inscrición a través desta ligazón ou mediante o código QR da imaxe.



