Presentación da Cátedra Jean Monnet ‘EU ASTER: Active Subsidiarity for Territorial Equity and Regions’

O vindeiro luns 5 de outubro, o vicerreitor de Innovación e Transferencia do Coñecemento, Marcelo Maneiro Maneiro, o director do IDEGA, Rubén C. Lois González e a profesora de Ciencia Política e da Administración Cristina Ares Castro-Conde, presentan a Cátedra EU ASTER: Active Subsidiarity for Territorial Equity and Regions. Terá lugar ás 11.00 horas no Salón de actos do IDEGA.

Concedida pola Comisión Europea na convocatoria de 2026 de Accións Jean Monnet e dirixida por Cristina Ares Castro‑Conde, EU ASTER nace co obxectivo de reforzar a contribución da USC aos debates europeos sobre gobernanza multinivel, cohesión territorial e capacidade administrativa das autoridades rexionais e locais. A Cátedra articúlase arredor de tres eixos (docencia, investigación aplicada e transferencia de coñecemento) e intégrase en dúas estruturas consolidadas da USC: o grupo de investigación EUROPEA e o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), con 50 anos de traxectoria en desenvolvemento socioeconómico e territorial. Esta base académica conecta a investigación sobre a integración europea cos retos prácticos aos que se enfrontan as administracións rexionais e locais cando implementan políticas europeas, xestionan fondos e traducen os valores da UE no día a día.

Scroll ao inicio