Aberto o prazo de preinscrición do Curso de Especialista en Economía e Política China

O Diploma de Especialista en Economía e Política China dirixido por Diego Sande Veiga e Rubén C. Lois vén de abrir o prazo de preinscrición para a segunda edición do posgrado que se celebrará no curso 2026-2027. A data límite para anotarse é o 30 de xullo, e a matrícula poderá realizarse entre o 1 e o 8 de setembro. O formato do curso continuará sendo online, impartirase os venres pola tarde (16:00 a 20:00h) e sábados (10:00 a 14:00h) para facilitar a asistencia de estudantes, profesionais, investigadores e outros colectivos interesados.

O Diploma ten como obxectivos:

– Comprender a configuración actual do ecosistema económico e político internacional, e tomar consciencia da importancia de China como obxecto de estudo no contexto internacional.
– Comprender os principais aspectos históricos e culturais da sociedade en China.
– Tomar conciencia da relevancia dos aspectos xeográficos, normativos e dos sistemas de información como condicionantes para o establecemento de relacións económicas, políticas e internacionais con China
– Coñecer a economía de China, desde a súa evolución, reformas, éxitos ata os retos que se formulan na actualidade.
– Desenvolver coñecementos prácticos da evolución das relacións económicas de China cos axentes europeos, nacionais e rexionais.
– Desenvolver competencias para a análise e o estudo da economía e política de China.

Os requisitos de acceso son os mesmos que para os mestrados oficiais da USC e podes consultalos aquí. Para a selección dos estudantes (máximo 30) valorarase o currículum vítae (80%) e a entrevista persoal (20%).

Podes realizar aquí a preinscrición.

Scroll ao inicio